O CONCELLO REXENERA E MELLORA O VIAL QUE UNE GAIÁN CO LÍMITE CON GUITIRIZ, EN SOEXO

O Concello renova por completo o vial que une Gaián co límite con Guitiriz na parroquia de Soexo. O Vicealcalde Modesto Renda explicou diante dos veciños/as aos que dá servizo que os traballos de rexeneración realizados ó longo da última semana alcanzaron os 51.142,17 euros e informou, tamén, da mellora de todos os tramos en mal estado na continuación deste vial ata a Ponte da Saa.

Esta nova obra é xa a de maior custe e ámbito de actuación do que vai de lexislatura no rural do Concello de Vilalba con preto de 6 km totais.