O CONCELLO SEGUE PAVIMENTANDO ACCESOS A EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS DO RURAL VILALBÉS

Venres 17de Abril de 2026 – O Vicealcalde Modesto Renda anunciou hoxe a pavimentación do vial que lle dá acceso á granxa avícola situada no barrio de Vilate, en Lanzós.

Unha nova obra de mellora da rede viaria rural, que vén a dar cumprida resposta ás demandas da explotación gandeira, así como ás das 2 vivendas colindantes, pois o Concello pavimentou mediante dobre rega asfáltica o camiño ó completo dende a estrada provincial LU-P-6502.