O TERCEIRO EXAME DO PROCESO SELECTIVO PARA UNHA PRAZA DE FUNCIONARIO ADMINISTRATIVO NO CONCELLO DE VILALBA SERÁ O 9 DE XANEIRO

O Concello de Vilalba informa da data do terceiro exame correspondente ao proceso selectivo dun posto/praza de funcionario de carreira ‘Administrativo de Administración Xeral’ de conformidade ao acordado polo tribunal do proceso.

O exame, ao que se convoca ás persoas opositoras aprobadas no segundo exercicio, terá lugar o martes 9 de xaneiro do ano 2024 ás 13:00 horas no edificio municipal da Casa Consistorial ubicada no número 1 da Praza da Constitución.