Os veciños e veciñas de Vilalba xa teñen á súa disposición a nova travesía da Ferrería, que conecta as rúas de Pedreiras e Ferrería

Os veciños e veciñas do Concello de Vilalba xa teñen á súa disposición a nova travesía da Ferrería, que comunica e fai de eixe entre a rúa das Pedreiras e a rúa da Ferrería.

É un punto importante no casco urbano de Vilalba, xa que na rúa das Pedreiras hai equipamentos como o auditorio municipal, e a rúa da Ferrería ten abundante tráfico pola cercanía do acceso á autovía A-8.

A actuación de renovación e humanización serviu para transformar a antiga calzada nun espazo de plataforma única de preferencia peonil (só teran acceso os vehículos dos residentes), utilizando un adoquín anti-deslizante e un pavimento innovador, xa que reduce a contaminación ambiental mediante un axente descontaminante por fotocatálise. Baixo os efectos da luz do sol provoca unha descomposición dos óxidos contaminantes en subprodutos que se evacúan a través das augas pluviais.

A travesía terá unha zona verde e, aproveitando os quiebros da rúa, habilitáronse nas zonas máis abertas espazos de descanso. Á marxe das obras de pavimentación, executáronse na travesía da Ferrería novas instalacións de saneamento, alumeado con tecnoloxía LED, abastecemento, gas natural e telecomunicacións.

“Damos con esta actuación un paso máis no proceso de renovación e humanización de varias rúas e prazas do casco urbano, cun novo concepto de entender o urbanismo, cunha plataforma única e dándolle máis protagonismo aos peóns”, asegura o concelleiro de Infraestruturas, Luis Fernández.

“É de novo un proxecto feito baixo criterios de sustentablidade, calidade urbana, accesibilidade, seguranza e mellora ambiental, adoitando os últimos estándares europeos para os novos espazos urbanos”, engade.