ReActiva Vilalba: 11.213 bonos consumidos e un total de ventas de 650.000 euros

A CAMPAÑA ‘REACTIVA VILALBA’ PECHOUSE CON MÁIS DE 11.200 BONOS CONSUMIDOS POLA VECIÑANZA E UNHAS VENTAS DE 650.000 EUROS NO COMERCIO LOCAL

Vilalba, 18 de decembro de 2020. O Concello de Vilalba fixo hoxe un balance moi satisfactorio da campaña #ReActivaVilalba, posta en marcha para incentivar o consumo no comercio local a través de bonos de 30 euros para os veciños e veciñas

En total, validáronse 11.213 bonos de compra e 135 establecementos e profesionais adheríronse á campaña, dos que o 72% pertencían ao comercio por miúdo (roupa, calzado ou menaxe), o 23% eran locais de alimentación e o 5% a outros sectores.

O concello calcula unhas vendas por valor de máis de 650.000 euros durante o periodo que durou a campaña, segundo as estimacións realizadas a partir das facturas presentadas.

“Estamos satisfeitos coa campaña, a resposta foi boa e incentivouse o consumo antes da tempada de Nadal, algo que o sector necesitaba”, asegurou a concelleira de Comercio, Marta Rouco, que presentou esta tarde os resultados da campaña nunha rolda de prensa xunto á alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, e concelleiro de Facenda, Luis Fernández.

O concello rematará a semana que vén o pago dos abonos aos establecementos comerciais, por valor de 336.331,49 euros, e estudará no 2021 novas medidas de apoio ao sector.

“A campaña tivo un elevado impacto económico; tendo en conta a situación actual de crise producida pola actual pandemia do Covid-19, dende o equipo de goberno quixemos axudar aos sectores mais danados pola situación”, engadiu a alcaldesa de Vilalba.