REMATE DAS OBRAS DE RENOVACIÓN DO VIAL QUE DA ACCESO AO NÚCLEO DE OUTEIRO E Á IGREXA DE BELESAR

Os traballos contaron cun orzamento de 68.970 euros

O Concello de Vilalba informa aos seus veciños e veciñas do remate das obras de renovación do firme e acondicionamento do vial que da acceso ao núcleo de Outeiro e á igrexa de Belesar, na parroquia de San Martiño de Belesar.

Concretamente, os traballlos realizáronse na vía de titularidade municipal que comenza na estrada provincial LU-P-6511, no núcleo de Aldea, e que discorre en dirección sureste pola parroquia de Belesar ata o núcleo de Outeiro, onde continúa ata a igrexa de Belesar.

Esta vía é o percorrido natural da veciñanza de varios núcleos de poboación desta parroquia cara ás principais vías de comunicación, como a estrada N-634 e a autovía A-8, así como á capital do concello.

Por outra banda, o vial é tamén un tramo de comunicación coa parroquia de Distriz e conta con varios puntos de alta poboación e tráfico, como o colexio, a igrexa ou o cemiterio parroquial de Belesar.

Sumado a este fluxo de tráfico, as importantes explotacións gandeiras e agrícolas da zona xunto cos vehículos destinados á explotación madeireira provocan que o vial soporte unha densidade de tráfico lixeiro e pesado moi intensa.

Os traballos contaron cun orzamento de 68.970 euros e enmárcanse no Plan Único da Deputación de Lugo. Para a mellora e mantemento desta vía, realizouse unha limpeza de noiros, regularizouse a súa superficie e executouse unha nova capa de aglomerado. Por último, procederase á súa sinalización horizontal e vertical.

“O estado de deterioro vía podía supoñer un risco para o tráfico, por iso, dende o Concello consideramos urxente o seu acondicionamento, garantindo así a seguridade viaria dos nosos veciños e veciñas destas parroquias”, subliña Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas de Vilalba.