CONVENIO CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

Convenio entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de VILALBA para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026.

O Concello de Vilalba iniciou a execución de traballos preventivos fronte aos incendios forestais, mediante rozas manuais e mecanizadas e xestión da biomasa en 400 hectáreas distribuídas polas parroquias de Vilapedre, Santaballa, San Simón da Costa, Samarugo, Corvelle, Goiriz, Román, Carballido, San Lorenzo de Árbol, Alba, Torre e Ínsua, ao abeiro do Convenio entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de VILALBA para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026, cofinanciado parcialmente co Feader no marco do PEPAC 2023-2027.

 

Superficie total de actuación subvencionada: 400 hectáreas.

Importe da axuda correspondente á anualidade 2025: 140.000 €