
EnRede Vilalba
EnRedeVilalba é unha aplicación impulsada polo Concello de Vilalba que ten por obxectivo achegar información de utilidade sobre as violencias machistas á mocidade e adolescencia, especialmente ás mulleres adolescentes vilalbesas.
Esta APP permite acceder á información de sensibilización e apoio, ofrece un directorio de servizos cos que contactar e a onde acudir e dá a coñecer pautas de como actuar ante situacións de violencias machistas.