Instalacións e Espazos Deportivos

A vila conta con tres pavillóns deportivos, a piscina municipal, o campo de céspede artificial, o estadio da Madalena entre outras instalacións. É posible solicitar cursos e mailo aluguer dos espazos.

Aluguer e reserva de instalacións:

  1. Solicitude de reserva tanto online como presencial.
  2. Pago do aluguer mediante transferencia bancaria ó número de conta

    ES51 3070 0021 7260 6525 8029 (Caixa Rural Galega)

  3.  Envío de xustificante de pago ao correo electrónico deportes@vilalba.es

PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES

Pavillón principal do pobo, no que se imparten as escolas deportivas de fútbol sala e ximnasia rítmica, no que entrenan os Clubes Vilalba Fútbol Sala e C.B. Terra Chá , onde se disputan as xornadas ligueiras dos clubes, así como as competicións do deporte escolar e outros eventos importantes coma os campeonatos galegos e/ou provinciais de distintas disciplinas, a saber: tenis de mesa, judo, taewkowndo, etc.…

CAMPO DE HERBA ARTIFICIAL DE VILALBA

Nesta instalación entrenan as categorías inferiores e o primeiro equipo do Rácing Club Vilalbés, así como o C. D. Santaballés. Os fins de semana acolle as competiciones correspondentes ás categorías inferiores así como partidos dos veterans.

PAVILLÓN CEIP INSUA BERMÚDEZ

Pavillón escolar que durante a xornada matutina alberga as clases de Educación Física, mentras que polas tardes acolle as actividades extraescolares da A.N.P.A. do Insua Bermúdez, e diferentes actividades das escolas deportivas e clubes.

ESTADIO DE A MADALENA

Estadio no que o primeiro equipo do Rácing Club Vilalbés disputa os seus compromisos como local cada 15 días. Pero nas súas pistas de atletismo tamén se celebran as escolas deportivas de triatlón, así como os adestramentos do Club Atletismo Vilalba e a Agrupación Polideportiva San Ramón de Vilalba. Ademáis utilizanse para diversas probas deportivas como o campionato Galego de campo a través.

PISTAS DE TENIS

Pistas de tenis xestionadas polo Concello de Vilalba nas que se imparten a escolas deportivas de tenis e tamén fai uso das instalacións o Club Tenis Vilalbés. Ó longo do ano alberga distintos torneos e eventos de tenis.

PISCINA MUNICIPAL

A Piscina Municipal de Vilalba xestiónase mediante concesión externa. Nesta instalación realízanse todo tipo de actividades e eventos relacionados ca disciplina da natación.
MÁIS INFORMACIÓN

PAVILLÓN CEIP MATO VIZOSO

Pavillón escolar que durante a xornada matutina alberga as clases de Educación Física, mentras que polas tardes acolle as actividades extraescolares da A.N.P.A. do Mato Vizoso, e diferentes actividades das escolas deportivas e clubes.