XI CARREIRA DAS LETRAS GALEGAS VIRTUAL

O CONCELLO DE VILALBA ORGANIZA A XI CARREIRA DAS LETRAS GALEGAS CUNHA EDICIÓN VIRTUAL ADAPTADA AO CONTEXTO SANITARIO

INSCRICIÓNS

O Concello de Vilalba organiza a XI Carreira das Letras Galegas, do 3 ao 13 de maio, que se celebrará de xeito individual e virtual dado o contexto sanitario actual. 
 
Na proba deste ano, as persoas participantes deberán completar o roteiro deseñado pola organización da categoría na que se inscriban e rexistrar o seu resultado. As probas poderán realizarse tantas veces como se considere entre as citadas datas, do 3 ao 13 de maio. 
 
“Esta cita é xa tradicional, unha iniciativa que nos permite xuntar cultura e deporte, impulsando así os hábitos saudables cunha proposta nesta ocasión adaptada á situación epidemiolóxica”, afirma Xosé Teixeiro, concelleiro de Deportes de Vilalba. 
 
O concello propuxo 5 roteiros distintos para as distintas categorías. En primeiro lugar, a categoría +7, abarca ós nados entre 2014 e 2012, que percorrerán 500 metros. A continuación, na categoría +10, os nados entre 2011 e 2009 enfrontaranse a un percorrido de 1.200 metros. 
 
Os participantes nados entre 2008 e 2004 percorrerán 2.300 metros. Todas as categorías contemplan clasificación masculina e femenina. 
 
As persoas nadas en 2003 e anos anteriores poderán optar entre a andaina de 3 quilómetros, cunha clasificación mixta; ou a categoría absoluta, enfrontándose a 5 quilómetros de percorrido e cunha clasificación separada por sexos. 
 
As inscricións serán gratuitas para todas as categorías e poderán realizarse a través da web championchipnorte.com
 
Os participantes deberán medir a súa actividade cos dispositivos habituais, como GPS, apps móviles ou cronómetros. Posteriormente deberán proceder ao rexistro da actividade manualmente, conectando a súa conta de Strava automaticamente ou procesando un ficheiro de tipo GPX ou TCX. Os diferentes roteiros discorren polo paseo fluvial da Madalena, o paseo dos Soños e a súa contorna. 
 
Todos os participantes correctamente inscritos que completen as probas desta actividade entrarán no sorteo de 4 vales para canxear por obras literarias en lingua galega nas librerías locais. Os catro bonos de 50 euros sortearanse entre todos os participantes, homes e mulleres, das seguintes categorías: +7 anos, +10 anos, +13 anos e, por último, na categoría a partir do ano 2003, que agrupa a andaina e absoluta.  

26 de abril de 2021

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies