BASES DO CONCURSO DE ENTROIDO 2021

Consulta as bases completas na ligazón de descarga e anímate a participar!

👉 O Concello de Vilalba convoca o concurso de ENTROIDO 2021 para incentivar a participación veciñal.

😷 Debido á situación sanitaria, nesta ocasión estarán prohibidos os tradicionais desfiles, polo que o concello opta por este novo formato para manter a tradición.

Para participar neste concurso establécense dúas modalidades segundo formato: Vídeo e Fotografía, coas seguintes categorías para infantil, adultos e familiar.
-Categoría Infantil (individual): ata 12 anos (nados entre o 2009 e 2021)
-Categoría Adultos (individual): dende os 13 anos. (nados entre o 2008 e anteriores)
-Categoría Familiar: persoas conviventes, incluíndo parellas.

📸 Modalidade de FOTOGRAFÍA.
Consiste na presentación de fotografías coa temática do Entroido que deberán reunir as seguintes especificacións:
-Serán realizadas en calquera lugar exterior do Concello de Vilalba.
-A fotografía deberá ter como denominación o título da proposta do disfrace.
-A fotografía deberá adxuntarse como arquivo en formato JPG ou PNG (non se acepta formato PDF).

📹 Modalidade de VÍDEO:
Consiste na elaboración dun vídeo coa temática do Entroido que deberá reunir as seguintes especificacións
-Duración máxima de 15 segundos.
-Poden realizarse en interior ou en exterior
-Será valido o uso de apps para a gravación ou edición do vídeo.
-Deberá dárselle ao vídeo un título.

☝🏽 Haberá que facer unha inscrición por cada participación‼️

⭕Para ambas modalidades terase en conta:
-Unha mesma persoa poderá participar nas dúas modalidades (fotografía e vídeo) e en distintas categorías (infantil e familiar ou adulto e familiar) sempre que non se utilice o mesmo disfrace.
-Deben cumprir en ambas modalidades a normativa vixente da COVID-19, no seu defecto será descualificado automaticamente.

🗣 O prazo para presentar os vídeos e fotografías e así participar no concurso en calquera das súas modalidades comezará a contar dende a data de publicación das bases ata o 4 de febreiro ás 14:00h. O Concello de Villaba repartirá 1.900 euros en premios e haberá un premio especial por modalidade en Facebook!