O CONCELLO DE VILALBA ORGANIZA O CONCURSO DE DECORACIÓN DE CASAS, FACHADAS E BALCÓNS DE NADAL

O certame premiará as tres mellores ornamentacións con 200, 150 e 100 euros

O Concello de Vilalba convoca, a través da súa concellería de Infancia e Mocidade, Feiras e Mercados, do concurso de decoración de casas, fachadas e balcóns de Nadal.

“O noso obxectivo é crear un ambiente festivo nas rúas do municipio no Nadal, embelecendo as rúas e facendo partícipe á cidadanía”, sinala Antía Rama, concelleira de Infancia e Mocidade, Feiras e Mercados.

A participación neste concurso está aberta a todas aquelas vivendas, tanto do casco urbano como do rural de Vilalba. Unicamente se permitirá unha participación por vivenda e persoa maior de idade.

As decoracións estarán relacionadas coa temática de Nadal, debendo estar visibles desde a rúa entre o 21 de decembro de 2021 e o 6 de xaneiro de 2022. Concretamente, valorarase a decoración de vivendas nas fachadas, xardíns, balcóns e xanelas. As visitas do xurado ás vivendas participantes faranse en calquera momento durante o período citado, sen previo aviso.

Os criterios de valoración, puntuados cada un entre 0 e 5 puntos, serán a orixinalidade e complexidade, a artesanía, o deseño, a decoración con material reciclado e a iluminación.

O Concello de Vilalba premiará ás tres mellores decoracións, cun premio de 200 euros para o primeiro clasificado, un de 150 euros para o segundo e outro 100 euros para o terceiro. Ademais, premiarase con 50 euros á decoración que logre máis “me gusta” ou “me encanta” en Facebook ata o 6 de xaneiro de 2022, un premio compatible co resto de galardóns.

As inscricións neste certame estarán abertas ata o próximo 17 de decembro de 2021, podendo realizarse na sede electrónica do Concello (https://vilalba.sedelectronica.es/info.0) ou presencialmente por rexistro, en horario de 9:00 a 14:00 e entregando o documento de inscrición dispoñible na web do Concello de Vilalba (http://www.vilalba.org/) e na oficina de cultura.

Podes descargar aquí os documentos de inscrición: