ACTUALIDADE
QUE FACEMOS
A Concellería de Deportes e o seu Servizo Municipal encárganse de garantir o correcto funcionamiento das instalacións deportivas municipais, e de ofrecer servizos e actividades que contribúan a promover a práctica do deporte y da actividade física no muncipio, a través de distintas modalidades de xestión.
O Concello de Vilalba caracterízase por dar unha grande importancia ao fomento da práctica deportiva e a actividade física entre a súa poboación. Mostra disto é que a través da Concellería – Servizo Municipal de Deportes, a vila foi galardoada cos seguintes premios nos últimos anos:
- 2012: Premios Deporte Galego. Mellor Concello 2012 na promoción da actividade física e o deporte.
 - 2015: Premios Consejo Superior de Deportes. Candidato a Mellor Concello de España.
 - 2016: Premios Galicia á Xestión Deportiva. Mellor Concello de menos de 15.000 habitantes.
 
SERVIZOS E PROGRAMAS
- Informamos aos cidadáns dos servizos que prestamos e as instalacións deportivas dispoñibles
 - Xestionamos as Escolas Deportivas Municipais, as Actividades de Verán e tramitamos as súas inscricións
 - Xestionamos a ocupación das instalacións deportivas, horarios de adestramento, competicións e alugueres
 - Levamos a cabo o mantemento das instalacións deportivas municipais
 - Organizamos competicións e eventos deportivos propios
 - Colaboramos con outras administracións, federacións, asociacións e con clubes deportivos, na celebración de eventos e competicións
 - Tramitamos as autorizacións para a realización de actividades deportivas fóra das instalacións deportivas e no patrimonio público municipal
 - Tramitamos subvencións a entidades deportivas
 - Tramitamos subvencións a deportistas senlleiros
 - Axudamos a creación de asociacións deportivas
 - Tramitamos a pernocta en instalacións deportivas municipais
 - Xestionamos contratos de servizos e subministracións
 - Realizamos o seguimiento e control dos contratos das xestións indirectas
 - Colaboramos nas prácticas de formación de ensinanza da rama de actividades deporttivas
 
CONTACTO
															Concelleira
Piscina Municipal
Teléfono: 982 51 25 30
Deportes
Técnico de Deportes
Alexandre González