Deportes e Promoción da Saúde

ACTUALIDADE

25
Ago
2023
A ALCALDESA ANUNCIA A APERTURA DA CONVOCATORIA DE ASIGNACIÓN DE USOS DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE VILALBA
A alcaldesa de Vilalba e responsable de Deportes, Elba Veleiro, informa da apertura da convocatoria de asignación de usos das instalacións deportivas municipais de Vilalba...
25
Ago
2023
O CONCELLO DE VILALBA ABRIRÁ A COMEZOS DE SETEMBRO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS ESCOLAS DEPORTIVAS E A PISCINA NO VINDEIRO CURSO
A alcaldesa de Vilalba e responsable da área de deportes, Elba Veleiro, anuncia que o Concello abrirá proximamente o prazo para inscribirse nas escolas deportivas...
2
Ago
2023
O CONCELLO TRASLÁDALLE AOS CLUBES DEPORTIVOS AS BASES PARA XESTIONAR O USO DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
A alcaldesa de Vilalba e responsable da área de Deportes, Elba Veleiro, mantivo un encontro con representantes dos clubes do concello para explicarlles as bases...
23
Mai
2023
O CONCELLO DE VILALBA ABRE UN PRAZO EXTRAORDINARIO DE INSCRICIÓN PARA OS CAMPAMENTOS DE VERÁN
O Concello de Vilalba anuncia que dende hoxe, martes día 23 de maio, ata o luns día 29, abre un prazo extraordinario de inscrición ata...
12
Abr
2023
O CONCELLO DE VILALBA ORGANIZA A XIII CARREIRA DAS LETRAS GALEGAS O PRÓXIMO 19 DE MAIO DIRIXIDA AO ALUMNADO DOS CENTROS EDUCATIVOS
O Concello de Vilalba organiza un ano máis a Carreira das Letras Galegas que se celebrará o venres 19 de maio e está dirixida ao...
31
Mar
2023
O PLENO DO CONCELLO DE VILALBA APROBA SUBVENCIÓNS NOMINATIVAS ÁS ENTIDADES E ASOCIACIÓNS DA VILA POR UN IMPORTE DE 439.100 EUROS
O Concello de Vilalba celebrou onte o último pleno ordinario no que se aprobaron, entre outras propostas do grupo de goberno, as subvencións nominativas destinadas...

QUE FACEMOS

A Concellería de Deportes e o seu Servizo Municipal encárganse de garantir o correcto funcionamiento das instalacións deportivas municipais, e de ofrecer servizos e actividades que contribúan a promover a práctica do deporte y da actividade física no muncipio, a través de distintas modalidades de xestión.

O Concello de Vilalba caracterízase por dar unha grande importancia ao fomento da práctica deportiva e a actividade física entre a súa poboación. Mostra disto é que a través da Concellería – Servizo Municipal de Deportes, a vila foi galardoada cos seguintes premios nos últimos anos:

  • 2012: Premios Deporte Galego. Mellor Concello 2012 na promoción da actividade física e o deporte.
  • 2015: Premios Consejo Superior de Deportes. Candidato a Mellor Concello de España.
  • 2016: Premios Galicia á Xestión Deportiva. Mellor Concello de menos de 15.000 habitantes.

SERVIZOS E PROGRAMAS

  • Informamos aos cidadáns dos servizos que prestamos e as instalacións deportivas dispoñibles
  • Xestionamos as Escolas Deportivas Municipais, as Actividades de Verán e tramitamos as súas inscricións
  • Xestionamos a ocupación das instalacións deportivas, horarios de adestramento, competicións e alugueres
  • Levamos a cabo o mantemento das instalacións deportivas municipais
  • Organizamos competicións e eventos deportivos propios
  • Colaboramos con outras administracións, federacións, asociacións e con clubes deportivos, na celebración de eventos e competicións
  • Tramitamos as autorizacións para a realización de actividades deportivas fóra das instalacións deportivas e no patrimonio público municipal
  • Tramitamos subvencións a entidades deportivas
  • Tramitamos subvencións a deportistas senlleiros
  • Axudamos a creación de asociacións deportivas
  • Tramitamos a pernocta en instalacións deportivas municipais
  • Xestionamos contratos de servizos e subministracións
  • Realizamos o seguimiento e control dos contratos das xestións indirectas
  • Colaboramos nas prácticas de formación de ensinanza da rama de actividades deporttivas

CONTACTO

Concelleira

Elba Valeiro Fernández

Email:

Piscina Municipal

Deportes

Servizo de deportes:

Teléfono: 982 510 761

Email: deportes@vilalba.es

Técnico de Deportes

Alexandre González

Email: alexandre.gonzalez@vilalba.es