ACTUALIDADE
31
Mar
2023
O PLENO DO CONCELLO DE VILALBA APROBA SUBVENCIÓNS NOMINATIVAS ÁS ENTIDADES E ASOCIACIÓNS DA VILA POR UN IMPORTE DE 439.100 EUROS
O Concello de Vilalba celebrou onte o último pleno ordinario no que se aprobaron, entre outras propostas do grupo de goberno, as subvencións nominativas destinadas...
23
Xan
2023
O CONCELLO DE VILALBA CELEBRA O PRÓXIMO 28 DE XANEIRO A V GALA DO DEPORTE MUNICIPAL, CUXA MADRIÑA SERÁ ADIARATOU IGLESIAS E O PRESENTADOR TERIO CARRERA
O Concello de Vilalba informa dos detalles da V Gala do Deporte Municipal, que se celebra o vindeiro sábado, 28 de xaneiro, no auditorio Carmen...
9
Xan
2023
O CONCELLO ARRANXA AS DEFICIENCIAS DA CUBERTA DO PAVILLÓN QUE PROVOCABAN AS GOTEIRAS, UNHA VEZ QUE O PERMITIRON AS CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS
O Concello de Vilalba procedeu na xornada de hoxe ao arranxo das deficiencias na cuberta do pavillón municipal que provocaban as goteiras, unha vez que...
QUE FACEMOS
A Concellería de Deportes e o seu Servizo Municipal encárganse de garantir o correcto funcionamiento das instalacións deportivas municipais, e de ofrecer servizos e actividades que contribúan a promover a práctica do deporte y da actividade física no muncipio, a través de distintas modalidades de xestión.
O Concello de Vilalba caracterízase por dar unha grande importancia ao fomento da práctica deportiva e a actividade física entre a súa poboación. Mostra disto é que a través da Concellería – Servizo Municipal de Deportes, a vila foi galardoada cos seguintes premios nos últimos anos:
- 2012: Premios Deporte Galego. Mellor Concello 2012 na promoción da actividade física e o deporte.
- 2015: Premios Consejo Superior de Deportes. Candidato a Mellor Concello de España.
- 2016: Premios Galicia á Xestión Deportiva. Mellor Concello de menos de 15.000 habitantes.
SERVIZOS E PROGRAMAS
- Informamos aos cidadáns dos servizos que prestamos e as instalacións deportivas dispoñibles
- Xestionamos as Escolas Deportivas Municipais, as Actividades de Verán e tramitamos as súas inscricións
- Xestionamos a ocupación das instalacións deportivas, horarios de adestramento, competicións e alugueres
- Levamos a cabo o mantemento das instalacións deportivas municipais
- Organizamos competicións e eventos deportivos propios
- Colaboramos con outras administracións, federacións, asociacións e con clubes deportivos, na celebración de eventos e competicións
- Tramitamos as autorizacións para a realización de actividades deportivas fóra das instalacións deportivas e no patrimonio público municipal
- Tramitamos subvencións a entidades deportivas
- Tramitamos subvencións a deportistas senlleiros
- Axudamos a creación de asociacións deportivas
- Tramitamos a pernocta en instalacións deportivas municipais
- Xestionamos contratos de servizos e subministracións
- Realizamos o seguimiento e control dos contratos das xestións indirectas
- Colaboramos nas prácticas de formación de ensinanza da rama de actividades deporttivas
CONTACTO
Deportes
Piscina Municipal
Teléfono: 982 51 25 30
Técnico de Deportes
Alexandre González
Concelleiro
Xosé Teixeiro
Email: xose.teixeiro@vilalba.es