Dinamización rural, participación colectiva e calidade ambiental.

ACTUALIDADE

20
Set
2024
AS NOVAS PISCINAS EXTERIORES DA MADALENA SUPERARON OS 10.000 USUARIOS DURANTE A TEMPADA ESTIVAL
O goberno local compareceu na mañá de hoxe ante os medios para valorar o balance final da tempada na que se recadaron máis de 27.200...
26
Ago
2024
COMEZAN AS OBRAS DE RENOVACIÓN DO PARQUE DA RÚA DA EMIGRACIÓN
As actuacións, cun orzamento de máis de 50.000 euros, incluirán a instalación dunha corda tirolesa de 25 metros que converterá a este no único parque...
22
Ago
2024
O CONCELLO SACA A LICITACIÓN O PROXECTO DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA DO PAVILLÓN DO CEIP INSUA BERMÚDEZ
As obras, cun orzamento de máis de 54.000 euros, suporán un importante aforro enerxético, económico e medioambiental O Concello mantén aberto o proceso de licitación...
14
Ago
2024
O CONCELLO REMATA AS ACTUACIÓNS DE REXENERACIÓN DO FIRME DA RÚA CONDE PALLARES
As obras centráronse en 450 metros de estrada na que se procedeu ao aglomerado en quente do firme e está previsto finalizalas nos vindeiros días...
8
Ago
2024
O CONCELLO FINALIZA AS OBRAS DE REPOSICIÓN DA CUBERTA DO ALMACÉN DO ESTADIO MUNICIPAL DA MADALENA
O local reformado pasará a funcionar como ximnasio para adestramentos físicos e as obras completaranse coa construción dun novo espazo para o acceso do público...
7
Ago
2024
O CONCELLO SACA A LICITACIÓN AS OBRAS DE RENOVACIÓN DO PAVIMENTO DA PISTA DO PAVILLÓN DO CEIP MANUEL MATO VIZOSO
O proxecto conta cun orzamento de licitación de 73.500 euros con cargo a fondos propios e as empresas poderán presentar as súas ofertas ata o...

QUE FACEMOS

DINAMIZACIÓN RURAL

Vilalba é un concello formado por 29 parroquias, o que evidencia o gran peso do rural no noso municipio. É por iso que consideramos fundamentais as accións de goberno dirixidas á dinamización das nosas parroquias, tendo como obxectivo prioritario a dotación de servizos e atencións de calidade para o noso rural.

En consecuencia, esta concellería traballa a prol da dinamización rural mediante actuacións como a posta en marcha de actividades nas parroquias vilalbesas que contribúen a que a veciñanza dispoña de actividades de lecer que lles permitan, en definitiva, gozar da súa contorna e do inmenso valor patrimonial e cultural que posúen.

PARTICIPACIÓN COLECTIVA

Vilalba conformámola cada un dos seus/súas habitantes, quen merece que a súa voz sexa escoitada e as súas peticións atendidas. Nesa liña, o compromiso do goberno municipal cos vilalbeses e vilalbesas é absoluto e para garantilo trabállase cada día dende a concellería de participación colectiva, a cal ostenta competencias en cuestións relativas á comunicación activa e directa coa veciñanza.

Existen pois diversos instrumentos de participación colectiva, tales como Línea Verde Vilalba, unha aplicación cuxo principal obxectivo é dotar á cidadanía dun instrumento co cal manter unha comunicación directa co Concello e así poder información á institución local calquera incidencia, dano ou cuestión que considere, á vez que cada quen pode realizar un seguimento da xestión da súa comunicación. Línea Verde Vilalba serve pois para realizar consultas ambientais, consultar os bandos, recibir novas relativas á actualidade do concello, cumprimentar enquisas, recibir avisos importantes e alertas, etc.

CALIDADE AMBIENTAL

Para que a dinamización e a participación colectiva sexan efectivas é imprescindible vivir nun medio coidado e limpo, que garanta a supervivencia dos recursos naturais agora e no futuro, polo que esta concellería asume tamén as responsabilidades relativas a calidade ambiental.

Neste sentido, o tratamento dos residuos e a reciclaxe convértense nun obxectivo destacado deste goberno, que enfoca os seus esforzos en cuestións clave como a xestión do punto limpo ou a promoción da reciclaxe en todo o noso concello, colaborando con outras administración e organizacións cun obxectivo común: o coidado e o respecto do noso medio para asegurar a súa supervivencia.

O Punto Limpo Municipal, situado no Polígono Sete Pontes e con horario de atención ó publico de 16 a 20 h de luns a venres e os sábados de 10 a 14 h, ten como principal función dar cabida a aqueles residuos que non se poidan depositar nos colectores habituais por diversos motivos (necesidade de tratamento previo, composición química, volume,…) como poden ser pilas, electrodomésticos ou colchóns, entre moitos outros.

Ademais, o Concello de Vilalba tamén conta cun Punto Limpo Móbil dende o ano 2023 cuxo obxectivo é facilitar o reciclaxe correcto por parte dos veciños e veciñas en todas as parroquias do municipio. Deste xeito, trátase dun remolque adaptado e compartimentado que periodicamente muda de lugar, asegurándose así un servizo para toda a cidadanía que pode depositar nestes colectores aqueles tipos de residuos para os que non existe depósito habitual na vía pública, como pequenos electrodomésticos, papel e cartón, roupa e calzado ou envases de plástico.

CONTACTO

Concelleiro

Ignacio Criado Montenegro

Email: ignacio.criado@vilalba.es