O Concello entrega información sobre igualdade nos centros educativos

Na semana que se celebra o Día Internacional da Muller, o Concello de Vilalba distribuíu nos colexios e institutos o libre "En Vilalba sementamos igualdade", folletos informativos sobre a exposición "Mulleres senlleiras na historia de Vilalba" e o Plan de Igualdade do que participaron.

O Concello de Vilalba vén de facer entrega entre os colexios e institutos da localidade de distintas publicacións en materia de igualdade, co obxectivo de contribuír a que profesorado e alumnado traballen os contidos nas aulas.

Debido á situación sanitaria e a dificultade de levar a cabo accións presenciais nos distintos centros, desde a área de Igualdade e o CIM decidiron facer outro tipo de propostas, como a entrega dun manual de boas prácticas baixo o título de «En Vilalba sementamos igualdade». Nesta publicación recóllense conceptos como igualdade real e formal, igualdade na familia, na escola, nas institucións e nos medios, no traballo, así como unha pequena guía para conseguir unha comunicación e unha linguaxe non sexista. Ademais, tamén se introduce nos principais mitos do amor romántico, na masculinidade non hexemónica e por suposto, nas violencias machistas. Esta campaña de divulgación e formación está financiada con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia da Xénero.

Ademais, distribuíronse folletos informativos sobre a mostra inaugurada esta semana co título «Mulleres senlleiras na historia de Vilalba», para dar coñecemento tamén na educación de mulleres destacadas e do papel daqueloutras ao longo da historia da localidade.

Finalmente, tamén se entregaron os Plans de Igualdade nos que participou a comunidade educativa, co fin de que teñan coñecemento do resultado final e dos compromisos que adquire o concello nestes catro anos.

Podes consultalo aquí

10 de marzo de 2021

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies