Economía e Facenda, Servicios Sociais e Igualdade

ACTUALIDADE

14
Nov
2025
O CONCELLO PON EN MARCHA UN MERCADO DE NADAL OS DÍAS 6 E 7 DE DECEMBRO NA PRAZA DE SANTA MARÍA
– As persoas interesadas en instalar un posto poden presentar a súa solicitude ata o 1 de decembro; o mercado estará dirixido á venda de...
12
Nov
2025
COMPLETADA A RENOVACIÓN DA ILUMINACIÓN NO PAVILLÓN DO CEIP INSUA BERMÚDEZ CON TECNOLOXÍA LED
A actuación permite incrementar nun 45% o grao de iluminación e reducir á metade o consumo enerxético, continuando co plan de mellora das instalacións deportivas...
9
Nov
2025
O CONCELLO INCORPORA UN NOVO VEHÍCULO HÍBRIDO E COMPLETAMENTE EQUIPADO AO SERVIZO DA POLICÍA LOCAL
– O novo coche patrulla reforza a seguridade cidadá e aposta pola modernización e a sustentabilidade no servizo policial. O Concello de Vilalba vén de...
8
Nov
2025
O CONCELLO IMPULSA A TERCEIRA EDICIÓN DO CICLO DE DINAMIZACIÓN RURAL CON ACTIVIDADES EN 22 PARROQUIAS
A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira de Feiras e Mercados, Paula Vigo, presentaron un novo programa que combina manualidades, memoria e ximnasia de mantemento...
4
Nov
2025
O CONCELLO REFORZA A SEGURIDADE DO APARCADOIRO SUBTERRÁNEO DA PRAZA DA CONSTITUCIÓN CON NOVAS CÁMARAS DE VIXILANCIA
Permitirán un control permanente do espazo, conectado 24 horas coa Policía Local, e ofrecerán maiores garantías ás persoas usuarias deste aparcadoiro público. O Concello vén...
18
Out
2025
O CONCELLO REMATA AS OBRAS DO LOCAL NO QUE SE INSTALARÁ O NOVO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA
A alcaldesa, Marta Rouco, visitou hoxe as instalacións para comprobar o resultado final das actuacións, que permitirán poñer en marcha o servizo nas vindeiras semanas....

QUE FACEMOS

As políticas sociais conforman un piar básico e prioritario da acción de goberno, entendidas como un conxunto de accións que engloban a atención á veciñanza naquelas necesidades asistenciais ou en apoio da calidade de vida.

Cunha poboación dispersa, rural e cun alto grao de envellecemento, prestamos especial atención ás problemáticas dos colectivos máis vulnerables para dar cobertura pública con programas dirixidos a quen máis o precisa.

Os Servizos Sociais Municipais son o instrumento máis eficaz para garantir a atención das necesidades sociais de toda a poboación do municipio e previr a desigualdade, ofrecendo orientación sobre os programas e recursos sociais públicos e privados dedicados a favorecer a integración e a mellora da calidade de vida das persoas en situación de desvantaxe social,  así como tamén a súa canalización, cando sexa necesario, a outros servizos ou recursos.

Existen dentro do departamento programas específicos que traballan con determinados sectores de poboación, como pode ser o  servizo de prevención de consumo de substancias aditivas e tratamento do alcoholismo, ou a información, integración  e asesoramento legal a persoas inmigrantes. Así mesmo contamos con:

– Centro Ocupacional de Discapacitados Psíquicos

– Escola Infantil Municipal

– Unidade de Atención Temperá

– Xestionamos o comedor da EEI

CONTACTO

Concelleira

Marta María Rouco Seoane

Email: martamaria.rouco@vilalba.es

Igualdade

CIM (Centro de Información á Muller)

Teléfono: 982 523 032

CIM: cim@vilalba.es

Igualdade: igualdade@vilalba.es