Igualdade

QUE FACEMOS

As políticas públicas para a igualdade entre os sexos vertebran de forma transversal as accións de goberno co obxectivo de garantir una participación equilibrada na vida social, económica e política de homes e mulleres, visibilizar as desigualdades estruturais entre sexos e loitar pola erradicación de todos os tipos de violencia machista que se exercen contra as mulleres polo feito de selo.

Vilalba conta cun Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes (PIOMH) como ferramenta indispensable de traballo para incorporar a perspectiva de xénero nas políticas públicas municipais. Partimos da idea de que a igualdade entre mulleres e homes é un valor irrenunciable no marco democrático, de aí a necesidade de artellar medidas que garantan a súa efectividade no devir cotiá do noso concello.

A desigualdade de xénero e a violencia machista son dúas realidades relacionadas, non existen de forma separada. A desigualdade de xénero é un contexto universal e estrutural que alimenta a violencia contra as mulleres, a cal é a forma máis directa e brutal na que se expresa o sistema patriarcal, mais debemos tomar conciencia de todos os mecanismos previos nos que se materializa a desigualdade, o xerme das violencias.

O III Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes reflicte os principais resultados da diagnose realizada para a súa elaboración, tomando como referencia varias áreas temáticas: demografía, mercado laboral, educación, benestar e calidade de vida, deportes, violencia machista.

 

 

OUTRAS SECCIÓNS DA MESMA ÁREA DE GOBERNO

CONTACTO

Concelleira

Marta María Rouco Seoane

Email: martamaria.rouco@vilalba.es

Igualdade

CIM (Centro de Información á Muller)

Teléfono: 982 523 032

CIM: cim@vilalba.es

Igualdade: igualdade@vilalba.es