QUE FACEMOS
Dende a consellería de mobilidade traballamos a regulación do tráfico e do estacionamiento de vehículos para garantir un tráfico seguro e fluído nas vías públicas. Así como tamén polo correcto estacionamento de vehículos, fomentando o uso de aparcadoiros públicos e a rotación do estacionamento para evitar conxestión.
Impulsamos a creación de sendas peonís e espazos para a mobilidade activa, basandonos na accesibilidade universal para facer da nosa localidade un lugar accesible para todas as persoas, independentemente das súas capacidades físicas ou discapacidades. Adaptamos as infraestruturas e os espazos públicos para garantir a mobilidade e a inclusión de todos os cidadáns.