Urbanismo, Mobilidade, Infraestructuras Rurais e Desenvolvemento Industrial

ACTUALIDADE

12
Dec
2025
O CONCELLO RENOVA POR COMPLETO O VIAL DE ACCESO AO CEMITERIO E A IGREXA DE SANCOVADE
O Vicealcalde Modesto Renda anunciou hoxe a renovación completa do vial que une os barrios da Frouxeira, Malvecín e A Casanova, en Sancovade. Unha actuación...
3
Dec
2025
O CONCELLO RENOVARÁ O VIAL QUE COMUNICA A RÚA DE BOGONTE CO PASEO DOS CONDES
 O Vicealcalde Modesto Renda anunciou que o Concello dará resposta ás demandas dos veciños da Rúa de Begonte coa rexeneración completa do vial que a...
1
Dec
2025
O CONCELLO RENOVARÁ TRES VIAIS NAS PARROQUIAS DE LANZÓS E SANCOVADE POR VALOR DE 57.000€
O Pleno Municipal aprobou por unanimidade as dúas propostas do Vicealcalde Modesto Renda relativas á renovación ao completo dos accesos a Bichicán, ó Carballal e...
18
Nov
2025
MODESTO RENDA ANUNCIA A RENOVACIÓN COMPLETA DA CUBERTA E OS ACCESOS DA CASA ESCOLA DE DISTRIZ
O Vicealcalde Modesto Renda presentou en Distriz a renovación total da cuberta e accesos á Escola da parroquia. Unha actuación, dende hai anos demandada pola...
4
Nov
2025
O CONCELLO RENOVA TOTALMENTE O VIAL QUE UNE A CHÁ E PASARELLE, NA PARROQUIA DE SAN SIMÓN
Non paran as obras no rural vilalbés. O Vicealcalde Modesto Renda anunciou hoxe a renovación completa do vial que une os barrios de A Chá...
23
Out
2025
O CONCELLO RENOVA POR COMPLETO O VIAL QUE COMUNICA AS PARROQUIAS DE GONDAÍSQUE E BOIZÁN
O Vicealcalde Modesto Renda segue centrando esforzos e orzamento na renovación e mellora da rede viaria do rural vilalbés. Hoxe foi a quenda do vial...

QUE FACEMOS

URBANISMO

As competencias da área de Urbanismo son o planeamento, xestión, execución e disciplina urbanística; a protección e xestión do Patrimonio histórico; a promoción e xestión da vivenda de protección pública con criterios de sustentabilidade financeira e a conservación e rehabilitación da edificación. 

OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL URBANISMO

A Oficina Técnica de Urbanismo e Rehabilitación municipal está ao servizo dos cidadáns para resolver calquera tipo de dúbida relacionada co urbanismo, a execución de proxectos de edificación ou o ordenamento. É este departamento o encargado de informar acerca dos permisos para a execución de obras particulares en todo o termo municipal.

Xestións que leva a cabo
  • Asesora e informa ao público das actuación que contempla o Plan de Vivenda que esté vixente.
  • Tramita os expedientes e asesora no seguimento técnico de obras do Plan de Vivenda, sen suplir o oficio de dirección de obra.
  • Realiza as visitas técnicas que se estimen oportunas nas actuacións de rehabilitación con axudas autonómicas ou estatais, sen suplir o oficio de dirección e obra
  • Supervisa os orzamentos.
  • Colabora e coordina as accións e programas que desenvolve a Oficina cos departamentos municipais implicados.
  • Informa doutras actuacións subvencionables.
  • Asesoramento Técnico construtivo en aspectos que melloren as condicións de habitabilidade, funcionalidade e seguridade da vivenda.

MOBILIDADE

As competencias da área de mobilidade comprenden as seguintes funcións: A regulación do tráfico e do estacionamento de vehículos.

 

INFRAESTRUCTURAS RURAIS

O obxectivo desta área é garantir a extensión das redes de infraestruturas de servizos básicos a todos os núcleos e agrupacións de vivendas nas parroquias. O noso compromiso é que toda a cidadanía de Vilalba poida acceder aos mesmos servizos públicos con independencia do seu lugar concreto de residencia, cun reparto equitativo do investimento municipal.

 

DESENVOLVEMENTO INDUSTRIAL

As atribucións da área de Desenvolvemento Industrial son o planeamento, a xestión e, no seu caso, o incremento das marxes do chan de uso industrial no termo municipal.