ALBA (SAN XOÁN DE ALBA)

A PARROQUIA:

San Xoán de Alba é unha parroquia do Concello de Vilalba na provincia de Lugo que limita ao norte coa parroquia de Boizan, ó este coa parroquia de Noche e ó suroeste coa parroquia de A Torre. Dista 5 quilómetros da capital da Terra Chá.

No ano 2018 conta con 308 habitantes, 150 homes e 158 mulleres.

Esta parroquia ten unha superficie de 932 hectáreas divididas nos seguintes barrios: Abadín, Amarigo, O Bosque, Carralmaior, As Casas Novas, Chantada, A Chousa, Coea, A Costa, A Cruz, Currás, O Curro, As Dádivas, A Estrada, A Ferreiroa, O Fontelo, Galiñeiro, A Igrexa, O Larizo, Lela, A Louseira, O Outeiro, A Paiola, Pazos, A Pena, Penelas, Tralocurro, As Turbelas, Vidal e As Xestas.

En Alba hai fértiles terras de prados e ínsuas ao este, á beira do Ladra, e montes de boa calidade ó Oeste ata o val do río Ladra.

LUGARES DE INTERESE:

Por San Xoan de Alba discorre a etapa 30º do Camiño Norte de Santiago, que une Vilalba con Baamonde.

Destaca a sua igrexa parroquial, reformada no século XVII e o seu ceminterio neo-gótico que presenta os característicos pináculos, unha moda extendida e que conservaban os canteiros da Terra Chá dende o século XVI. A igrexa conta cun pórtico exento e con varios cruceiros na súa contorna.

Outro dos lugares de obligada visita na parroquia de Alba atópase no Monte de Galde. Alí se ubica a necrópole megalítica Roza das Modias, composta por varias mámoas. O maior dos túmulos, presenta a cámara cos seus chantos decorados con liñas onduladas verticais. Trátase do exemplo máis importante de gravado prehistórico no noroeste da península.

A visita a Roza das Modias forma parte tamén da Ruta Arqueolóxica de Vilalba promovida polo MUPAV en colaboración co Concello de Villaba que recorre os principais vestixios arqueolóxicos do termo municipal

FESTAS:

San Xoan (Festas Patronais) 24 de xuño

O Santo Anxo O 30 de setembro

As datas son orientativas e poden sufrir algunha modificación

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies