XOIBÁN (SAN SALVADOR)

San Salvador Xoibán

É unha parroquia do Concello de Vilalba, na provincia de Lugo que limita o norte coa parroquia de Ladra, o suroeste co Concello de Begonte  e polo este, Concello de Cospeito. Dista aproximadamente 13 quilómetros da capital da Terra Chá.
En 2018 conta con 44 habitantes (20 mulleres e 14 homes), a súa poboación encóntrase distribuídos nos barrios de: Alamparte | O Alto | Bon Aire | O Cascallal | A Escoira | Fontefría | A Granda | A Igrexa | Lentille | O Muíño | As Pedriñas | O Pereiro

LUGARES DE INTERESE:

Para visitar Xoibán e o seu patrimonio cultural hai que saír do municipio vilalbés e, rumbo a Lugo, desprazarse ata a zona encravada entre os concellos de Begonte e Cospeito e o marco dos Catro Señores de Fontefría, punto que une a parroquia con Vilalba.

Ten dous castros un pequeno completo e un mais grande (onde está a Igrexa) con dúas murallas de terra que se conservan integramente no seu interior mide 1 hectárea exacta.
A igrexa parroquial, que ten no seu atrio un cruceiro construido no ano 1900. O capitel está decorado con cabezas de anxos alados e o fuste cos atributos da Paixón. Tamén están a Capela San Paio fundada en 1907 polo mesmo cura que fundou a igrexia parroquial.

A presenza palaciana na zona está representada coa presencia de varias Casas Grandes: a Casa de Montenegro que ten capela, a Casa de Rua tamén con capela, a Casa de Comba esta última sen capela.

FESTAS:

San Salvador, 5-6 de novembro

As datas son orientativas e poden sufrir algunha modificación.

No data was found