SAMARUGO (SANTIAGO DE SAMARUGO)

Santiago de Samarugo

É unha parroquia do Concello de Vilalba, na provincia de Lugo, que pola súa cara sur bordea ao monte Monseivane e limita coas parroquias de San Simón da Costa, Corbelle, Goiriz e Lanzós. Dista aproximadamente 12 quilómetros da capital da Terra Chá.

En 2018 conta con 133 habitantes (73 mulleres e 60 homes)

Esta parroquia ten unha superficie de 877 hectáreas, distribuídas nos barrios de: Barreira | Bidueiro | A Calzada | Camba | Campomaior | Casal | Cor- nas | Cornide | Foxo | O Hedreiro | Os Lameiros | Lobán | Os Navallos | O Palleiro | Pardiñas | O Pazo | Pedralba | Penaserra | Porto de Cubas | O Portocego | Reguengo | Remosende | A Ribeira | Rodas | Vacariza | A Veiga

LUGARES DE INTERESE:

igrexia parroquial, con advocaión a Santiago Apóstolo. O templo foi construído en diferentes épocas: a nave data do século XII, a súa ampliación  do XVI e a fachada principal do XVIII. No interior atópase o sepulcro do que foi o señor de Samarugo, Antonio Pardo Osorio, soterrado no ano 1601, así como o retablo maior moderno procedente da Catedral de Mondoñedo.

En dirección San Simón da Costa encontramos a capela de San Xulián con advocación a este santo, de gran devocación para os veciños da zona.

O pasado señorial deixou na zona a construción dunha casa Grande o «Pazo de Samarugo», que conserva a cuidada cheminea e na ala oriental da construción poden verse as pedras que ostentan os Escudos de Armas de Sabela de Castro e Osorio e o escudo de Armas de Pardo de Cela. A vida pacega rematou en Samarugo a comezos do século XVIII, canodo xa se converteu na segunda residencia dos vinculeiros, e posteriormente en 1939 a señora Pardo Elordi vendeuna a un labrador da parroquia de Santiago de Samarugo.

FESTAS:

San Xián, no mes de maio

Santiago Apóstolo, semana despois do 25 de xullo

As datas son orientativas e poden sufrir algunha modificación.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies