DISTRIZ (SAN MARTIÑO DE DISTRIZ)

San Martiño de Distriz

É unha parroquia do Concello de Vilalba, na provincia de Lugo, que discurre a beira do río Trimaz, e limita coas parroquias de Tardade, Santabaia, Gondaisque e Belesar. Dista aproximadamente 6 quilómetros da Terra Chá.

En 2018 conta con 125 habitantes, 67 mulleres e 58 homes.

Esta parroquia ten unha superficie de 325 hectáreas que se divide nos seguintes barrios de: Airavella | Algara | Altamira | O Cedelo | O Cruceiro | Os Currás | A Fonte | A Fontechousa | O Foro | Gondeboi | A Igrexa | A Paiola | As Paredes | As Pedreiras | O Pendello | O Pereiro | A Pollosa | Portocelo | O Vilar do Seco.

Distriz é unha parroquia con terreos de labradío, prados e chousas, arbolados con soutos, abiduei- rais e carballeiras á beira do río Trimaz.
O río Trimaz é unha das cabeceiras do Ladra, ó que da nacemento ó xuntarse co río Madanela no lugar dos Pasos en Vilalba,

LUGARES DE INTERESE:

A igrexa parroquial  que rinde culto a San Martiño. O templo custodia unha cruz pocesional, un cáliz do século XVII e tallas do século XVIII. No seu atrio, que data  de 1889 aínda que foi reformado no 1923, atopamos un cruceiro asentado nunha plataforma de catro chanzos cuadrangulares.

O paseo por Distriz complétase coa visita no lugar de Fontechousa a outro cruceiro, de similares características ao sito no atrio da igrexa.

FESTAS:

San Martiño, 5 de xuño.

As datas son orientativas e poden sufrir algunha modificacións.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies