GONDAÍSQUE

Santa María de Gondaisque

É unha parroquia do Concello de Vilalba, na provincia de Lugo, que limita coas parroquias de Distriz, Mourence, Boizán e Belesar. Dista 4 quilómetros da capital da Terra Chá.

En 2018 conta con 56 habitantes (27 mulleres e 29 homes)

Esta parroquia ten unha superficie de 357 hectáreas dividida nos seguintes barrios de: O Alto | Bustelo | O Castro | Os Currás | O Espiño | Fontedor | A Igrexa | Ponte Trimaz | O Pumariño | O Xestal

LUGARES DE INTERESE:

Cruzando o río Trimaz pola ponte do mesmo nome chégase á veciña parroquia de Gondaísque, onde visitar a igrexa parroquial que rende culto á Nosa Señora e, xa no seu atrio, un cruceiro elaborado en granito que, segundo unha inscrición na súa basa, data do 1898.

Continuando o percorrido pola zona, atópase o Castro de Gondaísque, tamén coñecido como “Castro Grande”, situado nunha chaira irregular. É un xacemento que consta dun recinto principal, de forma circular con varios fosos e parapetos, e de dobre muralla defensiva. Presenta asemade restos dun amplo antecastro e dunha vila romana ao seu carón (Vilar de Eimil).

FESTAS:

Nosa Señora de Guadalupe, 10-12 de setembro

As datas son orientativas e poden sufrir algunha modificación

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies