TARDADE

Santa María de Tardade

É unha parroquia do Concello de Vilalba, na provincia de Lugo que limita coas parroquias de Codesido, Santabaia, Distriz e polo oeste con Cazás do Concello de Xermade.
En 2018 conta con 57 habitantes (31 mulleres e 26 homes)

Esta parroquia ten unha superficie de 385 hectáreas distribuídas nos barrios de: Cal de Gaián | O Cal | A Capela | Cartín | A Corredoira | Cruz de Gracia | A Escrita | Fontao | A Igrexa | Lameirós | Lanzán | O Muíño | Padín | A Pena | Penela | O Pereiro | A Picha | O Pino | Portomedroso | Os Tineos | Xurbal

LUGARES DE INTERESE:

igrexia parroquial, arquitectura antiga que foi restaurada 1958.

cruceiro de Xurbal, é outra mostra de arquitectura popular , construído no 1898, cunh acruz de tosca factura, está situado no atrio da igrexa.

cruceiro de Lanzán, un dos máis decorados de Galicia. Realizado en granito no ano 1906, na súa base conta con varios releves entre os que destacan Santiago Matamouros e San Roque. O fuste, que porta os elementos da Paixón, ten ao seu pé unha figura do Ecce Homo. Xa no capitel, aparecen dúas imaxes franqueando a Cristo crucificado e na parte posterior móstrase o conxunto da Piedade.

A capela da Ascensión en Tardade.

A escola habanera, hoxe adicada a local social.

FESTAS:

Nosa Señora da Concepción, 15-16 de maio e 5 de decembro.

As datas son orientativas e poden sufrir algunha modificación.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies