RIOAVESO (SAN XURXO DE RIOAVESO)

San Xurxo de Rioaveso

É unha parroquia do Concello de Vilalba, na provincia de Lugo que limita coas parroquias de Oleiros, Sancovade, Goiriz e Román. Dista aproximadamente 7 quilómetros da capital da Terra Chá.

En 2018 conta con 351 habitantes (180 mulleres e 171 homes)

Esta parroquia ten unha superficie de 907 hectáreas distribuídos nos barrios de: Barreiros | Cacheiros | As Campelas | A Carballeira | Carracelas | Casas de Arriba | As Costelas | A Fontevella | O Franco | Froxinde | A Grandela | O Margazal | O Pereiro | Quintá | A Regueira | As Torrentas | Trasfallón | Vilaester | Vilamartín.

LUGARES DE INTERESE:

Na parroquia de Rioaveso, onde se sitúan restos dun altar adicado a Mercurio e de establecementos rurais da época romana. A  igrexa parroquial, en advocación a San Xurxo. Preto encontrase o ceminterio, de principios de século, dónde todos os panteóns se agrupan o redor dun muro, de estilo neogótico con pináculos labrados e rematados por unha cruz.

No lugar de Vilamartín, atopamos restos do pazo do mesmo nome. Trátase dunha casa construida polos Sanjurjo Montenegro, sendo o dono no ano 1688 Juan Anto- nio Pardo Montenegro. O edificio atópase nun recinto murado presidido polo escudo da liñaxe. Nesta parroquia existe unha canteira de granito no Monte da Escadabada e un xacemento de mica que foi explotado durante a Segunda Guerra Mundial.

FESTAS:

San Xurxo, 24 e 25 de abril

As datas son orientativas e poden sufrir modificacións

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies