CORVELLE (SAN BARTOLOMEU)

San Bartolomé de Corvelle é unha parroquia do Concello de Vilalba, na provincia de Lugo que se atopa ao sur do Monte Monseivane, limita coas parroquias de San Simón da Costa, Samarugo, Goiriz e Carballido. Dista aproximadamente 11 quilómetros da capital da Terra Chá.

En 2018 conta con 259 habitantes, 127 mulleres e 132 homes.

Esta parroquia ten unha superficie de 2.000 hectáreas dividida nos seguintes barrios: Abelaira, Bouzas, Campelos, Cotillón, Fieitas, Forcón, Fornos, Fojo, Maciñeiro, Martiñán, Mouriz, Sar, Trastemil y Viladónega. Estes barrios exténdese a ámbalas marxes do río Támoga, tan vencellado á vila.

LUGARES DE INTERESE:

O Camiño Norte de Santiago, ao seu paso polo Concello de Villalba entra pola parroquia de Corvelle e atravesa a Pontevella de Martiñán, unha obra de enxeñería civil do século XVII que permite pasar á outra beira do río Batán. Conta con tres arcos desiguais e a súa calzada é o elemento diferenciador deste recurso arquitectónico, está limitada por un peitoril de granito en forma de chantos encaixados segundo a tradición dos vellos canteiros da comarca, o que a converte nunha obra única, difícil de atopar noutros lugares de Galicia, o seu carón contamos cun merendeiro con apetitosas sombras que invita o peregrino a tomar un descanso.

O seu templo parroquial, en advocación a San Bartolomeu, a súa construción data de finais do século XIX, estilo arquitectónico similar á de Santa María de Villalba, e conta cun extenso e rico igrexario e unha boa casa reitoral. A maioría dos panteóns do cemiterio foron construídos polos canteiros de Román.

A Casa Escola, construída no ano 1930 cos donativos dos nosos emigrantes en Cuba para os "Hijos de Corvelle y más socios", según data a sús inscripción na fachada. Na actualidade é utilizada como local social da Asociación de veciños.

A Fervenza da Lavandeira encóntrase no rego de Corvelle, e da nome a este lugar. Este rego atravesa a parroquia de norte a sur, neste traxecto contabilizaronse ata 15 muíños documentados que a día de hoxe quedan poucos conservados.

Tamén existen mámoas no barrio do Cotillón e nas Breas. Subindo a parte mais alta da parroquia, no monte chamado Licencia do Toxo, pódese desfrutar dunhas espectaculares vistas da Terra Chá.

FESTAS:

San José, 19 de marzo
San Bertomeu, 21 -22 de agosto

As datas son orientativas e poden sufrir algunha modificación.