NOCHE (SAN MARTIÑO)

É unha parroquia do Concello de Vilalba, na provincia de Lugo que limita coas parroquias de Boizán, Sancovade, Oleiros, Nete, Torre e Alba. Dista 5 quilómetros da capital da Terra Chá.

 

En 2018 conta con 227 habitantes (116 mulleres e 111 homes)

 

Esta parroquia conta cunha superficie de 567 hectáreas distribuídas nos barrios de: A Brañeira | A Casanova | Casidoiro | Covo | Escourido | Esperido | A Estrada | Fabilos | Fraga | A Igrexa | O Outeiro | A Parrocha | A Rabilonga | Ramallal | San Cibrao | Susavila | A Veigalonga | Xestas Brancas.

LUGARES DE INTERESE:

A parroquia de Noche, (Nosti ou Noste) xa presente nun documento de 1128 referido a un reparto de igrexas por Afonso VII e noutro de 1282 referido a un convenio entre o concello de Vilaba e o mosteiro de Santa Maria de Monfero.

igrexa parroquial de Noche, en advocación a San Martiño. Trátase dun templo de arquitectura moderna, pero que conserva nas súas dependencias unha cruz de plata de finais do século XVII.

Continuando coa temática relixiosa, sen saír da demarcación da parroquia tamén podemos visitar a ermida de San Cibrán.

FESTAS:

Santo Antón, 12 xuño e 20-21 de novembro.

As datas son orientativas e poden sufrir algunha modificación.