OLEIROS (SAN MAMEDE)

É unha parroquia do Concello de Vilalba, na provincia de Lugo que limita coas parroquias de Noche, Nete, Sancovade, Rioaveso e o Concello de Cospeito. Dista aproximadamente 8 quilómetros da capital da Terra Chá.

En 2018 conta con 334 habitantes (162 mulleres e 172 homes)

Esta parroquia ten unha superficie de 1200 hectáreas  distribuídas nos barrios de: Abeledo | Abrigueiro | Agadín de Abaixo | Agadín de Arriba | Amido | A Barrosa | Os Boizás | Cabanas | Cal da Pena | Carballo | O Carboeiro | Carracedo | Carreiranova | As Casas Novas | O Castro | Escadavada | Ferradás | Fonteverde | Os Foxos | Os Gardados | Gardamil | A Granda | Liñares | O Outorelo | Pedrido | A Raña | A Roza | O Salgueiro | O Sanchón | Vilanune | Vilariz

LUGARES DE INTERESE:

Oleiros, nome que honra aos fabricantes de olas da antiga fábrica de cerámica popular que se situaba na zona. Na Idade Media cando aparece mencionada en diversos documentos de 1213, nos que se fai referencia á vila de San Mammes de Ollariis e ao Couto de Oleiros en 1407. O petroglifo coñecido co nome “laxe das cabras”, e unha mostra do arte rupestre que xunto co ligar do “Castro” constituen as pegadas más antigas.

igrexia parroquial, patrimonio cultural destas terras, con advocación a San Mamede, que data do século XVII e no que atopamos un retablo barroco e varios de estilo neoclásico.

A actividade económica destaca unha queixería de queixo de San  Simón coa súa correspondente denominación de orixe, unha empresa distribuidora co Capón de Vilalba.

FESTAS:

Virxe do Carme, 16 de xullo.

San Mamede, 21 e 22 de agosto.

Nosa Señora do Socorro, no mes de maio. Esta celebración é compartida polas tres parroquias veciñas de Sistallo, Rioveso e Oleiros.

As datas son orientativas e poden sufrir algunha modificación