É unha parroquia do Concello de Vilalba, na provincia de Lugo, está o sudeste do Concello limitando coas parroquias de Goiriz, Rioveso, Carballido e San Lorenzo de Árbol. Dista aproximadamente 9,5 quilómetros da capital da Terra Chá.
En 2018 conta con 398 habitantes (180 mulleres e 171 homes)
Esta parroquia ten unha superficie de 1.425 hectáreas repartidas en catro Roldas, Rolda do medio, Rolda de arriba, Rolda da Abelaira e Rolda de Seivane, distribuídos nos barrios de: A Abelaira | Alfaiate | Ameneira | Os Aneirós | A Bardela | Bouzame- lle | As Carballas | A Carboeira | Os Carrís | Cartemil | A Casería | Fistela | Fontemarín | A Frague- lla | Leboreiro | Locencia | Marcoi | Murazó | O Pazo | Pedrouzo | Roidíaz | Romariz |San Fiz | Sei- vane | O Valiño | Vilafurada | Xunto á Irexa
A parroquia de Santa Eulalia de Román, célebre pola familia Carboeira, os canterios artesáns dos cruceiros. Xeración tras xeración, foron os encargados de erguer a práctica totalidade das cruces de pedra situadas nas encrucilladas chairegas.Os numerosos cruceiros que se atopan na parroquia dan boa conta da tradición do oficio de canteiro que dende o século XVII hai nestas terras.
No propio atrio da igrexa parroquial de Román atopamos un destes cruceiros, realizado en granito coas figuras de Cristo e da Virxe na cruz. O templo actual foi levantada no mesmo lugar da antiga igrexa románica entre 1906-1916, ainda conserva parte do muro esquerdo da nave cos seus canaliños lisos. O cementerio de estilo neoclásico con panteóns de granito rodeando a igrexa.
A capela de San Xoan Bautista ou Capela de Pardo, os seus fundadores foron os señores de Pardo.
A casa escola encóntrase preto da igrexa, foi contruída no ano 1927 con aportacións que fixeron os veciños na que se formaron varias xeracións. Foi rehabilitada no ano 2007 para convertirse no local social. No ano 1985 inaugurouse o CEIP Terra Chá situado na zona de Seivane, onde acude alumnado de Rioveso, San Lorenzo de Árbol, Carballido, Goiriz, Martiñán, Román e Villalba.
San Xoan, 15-16 de maio e 19-20 de xuño
As datas son orientativas e poden sufrir modificacións