É unha parroquia do Concello de Vilalba, na provincia de Lugo, limita con Gondaisque, Mourence, Noche, Sancobade, Alba e Belesar. Dista aproximadamente 5 quilómetro da capital da Terra Chá.
En 2018 conta con 151 habitantes, 79 mulleres e 72 homes.
Esta parroquia ten unha superficie de 660 hectáreas divididas nos barrios de: O Camiño, O Castro, O Coto, O Covo, Gabín, Grumar, Lamaná, O Marco, A Palloza, Ponte Rodríguez, Portovixil, Regovide, Sabugueiros, A Seara, Valboeira, Vixil.
A zona coñecida polo alto de Vixil ofrece unhas fermosas vistas da vila de Vilalba, no que se situaba o castro do mesmo nome, de época prerromana e cun só muro defensivo.
Próximo ao castro e a igrexa parroquialestá a capela das Neves que rinde culto ao Apostol Santiago.
A igrexa parroquial conserva restos románicos e un pórtico lateral. Destacan os canecillos xeométricos no tejaroz, así como un pórtico cuberto pola parte sur da nave e un campanario con dous vanos no frente con restos do século XIV.
A carón da igrexa atópase o cemiterio de fabulosos panteons neogóticos da promeira metadedo século XXe un cruceiro moi antigo que data de 1765.
San Antón, 30 de xaneiro
Santiago Apóstol, 31 de xullo ou 7 e 8 de agosto
As datas son orientativas e poden sufrir algunha modificación